26/10/15

     

    

Exfimiño 2015

 

Los filatélicos de A Guarda recordaron a Juan Álvarez Sobrino en la Exfimiño 2015

 

            A Casa dos Alonsos, na Guarda, acolleu a pasada fin de semana a Exfimiño 2015, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coa colaboración do Concello da Guarda, a Deputación de Pontevedra, a Federación Galega de Filatelia e Moreira&Cia, rendendo homenaxe a Juan Álvarez Sobrino, presidente que fora deste colectivo e cofundador.

            Luciano Lomba, presidente da SFNG, deu a benvida aos asisistentes ao acto inaugural, celebrado ás 10.30 horas, e salientou que a mostra era unha homenaxe a Juan Álvarez Sobrino, ao que cualificou coma ”alma desta sociedade”.

Valentín Suárez Alonso, presidente de FEGASOFI, lembrou as distincións concedidas a Juan Álvarez Sobrino, recoñecendo o seu traballo e esforzo en prol da filatelia, estendendo ese recoñecemento ao bo facer que realizan os filatélicos guardeses.

            Miguel Vila Álvarez, lembrou a Álvarez Sobrino, “que está na memoria de todos” dixo, para engadir que era “unha persoa entrañable” que recibiu en vida os recoñecementos merecidos. Xogou un papel fundamental na SFNG, inaugurando a redacción das actas, que non se escribían; rodeouse de persoas valiosas na filatelia e preparou a súa substitución á fronte da Sociedade, cedendo a testemuña ás novas xeracións de coleccionistas. E subliñou unha cualidade que considerou moi importante: “Juan Álvarez posuía intelixencia social. Sempre respectuoso, agradecido e moi educado”.

            Pechou a quenda de intervencións o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, lembrando anécdotas da súa nenez acudindo á Confitería Estévez, ou a visita que Juan Álvarezlle fixo no seu despacho da concellaría de Cultura, cando Antonio Lomba asumiu esta delegación, para felicitarlle e desexarlle éxitos na súa xestión.

            O acto inaugural finalizou coas palabras dun dos fillos de Juan Álvarez Sobrino que agradeceu o recoñecemento que os filatélicos da Guarda fixeron ao seu pai. 

            Un cuño especial concedido por Correos para a exposición e un sobre coa efixie do homenaxeado, xunto coa visita á exposición filatélica completaron os actos da xornada inaugural.

 

Otra forma de ver el reportaje: hacer clic en las imágenes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Incendio no Santa Trega o Día do Monte

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

  

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com