25/01/2013

     

    

Peche dos afectados polas preferentes

Reportaxe: Beti Rey

anterior           portada

 

Os afectados polas preferentes manteñen os peches en Tui e no Rosal e hoxe acoden ao pleno da deputación en Pontevedra

A plataforma de afectados polas participacións preferentes cumpriron onte unha semana de peche na casa do Concello de Tui reclamando a devolución dos seus cartos.

Esta tarde recibiron a visita do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acompañado polo responsable comarcal e local, e concelleiros do BNG de Tui. Guillermo Vázquez amosoulles o seu apoio porque dicía “cremos que esta é unha causa xusta, isto é unha estafa”. Apuntaba que a solución ten que vir de “decisións políticas”, engadindo que “á importante a solidariedade popular para ter unha solución”.

O voceiro do grupo municipal do BNG en Tui, Laureano Alonso, explicaba aos afectados que mañá volverá presentar a petición, que fixeron hai xa meses, de que o Concello retire todos os cartos que ten en Nova Galicia Banco.

Para ás sete e sete media de esta tarde estaban previstas dúas comisión informativas no Concello que os afectados anunciaron que non ía deixar celebrar mentres non teñan unha solución. Mañá pola mañá volverán a partir das doce a percorrer de xeito ruidoso as instalacións municipais imposibilitando o quefacer dos traballadores. Tamén anuncian que o sábado non permitirán que se celebre o pleno ordinario concello do Rosal onde levan pechados varias semanas.

Parte dos afectados acudirán mañá  Pontevedra onde na sede da Deputación se debaterá unha moción do Partido Popular sobre as preferentes coa que os afectados non están para nada de acordo, motivo polo que enviaron xa o seu propio texto aos representantes políticos do PP.

Xulio Vicente, un dos portavoces da plataforma de afectados do Baixo Miño, facía unha valoración pouco positiva deste primeira semana de peche no Concello de Tui porque en todo o Baixo Miño nesta semana chamaron a 5 persoas á arbitraxe pero ningún é de Tui da plataforma. Na comarca calculan que hai máis de 1.000 afectados polas preferentes sen cobrar, dos que 200 pertencen á Plataforma.

 

 

 

 

anterior           portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Desfile Solidario

en Goián

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com