18/01/2013

     

    

Peche dos afectados polas preferentes

Reportaxe: Beti Rey

seguinte

Os afectados polas preferentes toman o concello de Tui

Os afectados polas participacións preferentes no Baixo Miño tomaron esta mañá o concello de Tui onde protagonizan un peche con carácter indefinido. Entorno ás dez da mañá chegaban os primeiros afectados de Tui, do resto da comarca e de Gondomar á Casa do Concello  onde mantiñan un primeiro encontro no salón de sesións co alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e outros membros do equipo de goberno.

Alí expuxeron unha vez máis a súa reivindicación de poder cobrar o 100% dos aforros que teñen en participacións preferentes, e demandando o apoio do rexedor tudense. Os afectados instaron aos alcaldes a pór o seu cargo a dispor do partido se non hai unha solución inmediata a este problema. Anunciaron amais que darán un par de días de marxe pero que a partir do luns, se non hai novidades,  van paralizar a actividade tanto no concello de Tui como no do Rosal, onde xa levan varias semanas de peche.

O alcalde, Moisés Rodríguez, pola súa banda explicoulles que “estamos aquí para colaborar” engadido que entende que “o mellor xeito de apoiavos é seguir estando ao voso carón”. Afirmaba o mandatario tudense que “o principal problema que ten Galicia nestes momentos é o tema das preferentes”.

Posteriormente en declaracións á Radio Municipal de Tui un dos representantes da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, Xulio Vicente, explicaba que  hai un mes que ninguén recibe unha chamada para a arbitraxe e se isto non cambia a partir do luns ocuparán todas as zonas do concello.  Xa pola mañá anunciaban tamén que non ían deixar celebrar o pleno previsto para a tarde.

Tamén en declaracións á Radio Municipal de Tui o alcalde, Moisés Rodríguez, manifestou que entende as reivindicacións xustas dos afectados, lembrando as reunións que sobre este tema mantivo nos últimos días. Afirmaba o rexedor que “este é un problema que xa está fóra de tempo e precisa unha solución inmediata”. Engadiu que está en contacto coa Xunta para transmitirlle que hai que darlle unha solución a este problema xa.

Posteriormente ao mediodía o alcalde de Tui asinou unha resolución da Alcaldía de Tui pola que se deixa sen efecto a convocatoria de Pleno Extraordinario prevista para ás 20h, e se pospuña a súa celebración para outra data.

O acordo foi tomado, previamente pola Xunta de Portavoces do Concello de Tui como mostra de apoio ás demandas realizadas pola Plataforma de Afectados polas Participacións preferentes que esta mañá comezou un peche con carácter indefinido no Salón de Plenos do Concello de Tui.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Foto (Mar López)

seguinte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión de San Mauro, en Camposancos

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com