17/06/2013

     

    

Fútbol feminino na Sangriña

 

A Selección do Baixo Miño impúxose na tanda de penaltis á Selección Galega nun partido moi igualado

 

       Organizado polo club Unión Guardesa, o Estadio Municipal da Sangriña acolleu o domingo, 16 de xuño, un partido amigable entre as selección femininas do Baixo Miño e Galicia.

       Unhas 400 persoas acudiron a presenciar este encontro que contou, entre o público, cunha representación do concello, co alcalde, José Manuel domínguez Freitas, ó fronte, e da Federación Galega, á que representaba o seu vicepresidente Antonio Fernández.

       Partido arbitrado por “Sevilla”, realizou o Saque de Honor, Andrea Dapena, capitana do Atlético Guardés de balonmán.

       A primeira parte estivo moi igualada e así o reflectiu o marcador co empate a un gol. A segunda parte iniciouse con certo dominio da Selección Galega, ata que as do Baixo Miño volveron situarse a carón do equipo da Comunidade.

       Os trofeos, entregados polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e polo alcalde da Guarda, decidíronse na tanda de penaltis. Todas as xogadoras, árbitro e adestradores, recibiron unha medalla como recordo deste encontro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión

de San Antonio

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com