24/03/2018

     

 

 

 

"Nado en Pedra" 

   

A mostra “Nado en pedra”, da Escola Provincial de Cantaría, chega ao Castelo de Santa Cruz da Guarda

Ata o 2 de maio pódese visitar, no Castelo de Santa Cruz da Guarda, a exposición de escultura “Nado en pedra”, realizada polo alumnado da Escola de Cantaría de Pontevedra.

A inauguración oficial da colección tivo lugar o sábado, 24 de marzo, coa presenza da deputada provincial Montserrat Magallanes; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e por parte da Escola de Canteiros, a súa directora, Concepción López Paz, e o responsable de formación, Enrique Velasco, quen explicou que a mostra se distribúe en tres espazos de acordo coas súas temáticas: os Oficios tradicionais, entrando por Porta da Vila da fortaleza; a Emigración mirando ó mar con composicións de gran impacto emocional, e a nenez, na zona máis próxima ao Centro de Interpretación.

Na inauguración, o alcalde da Guarda destacou o marco no que se realiza esta mostra que enriquece os xardíns, polo que non dubidou en ofrecer este espazo á Deputación para que, unha vez finalizado o periplo polos distintos concellos, se poida expor a escultura de forma permanente nos xardíns do Castelo de Santa Cruz.

A deputada provincial, Montserrat Magallanes, referiuse ao interese desta mostra e a satisfacción que lle produce a súa presenza na Guarda, onde ela mesma é concelleira.

A mostra itinerante componse de 18 pezas escultóricas de gran tamaño talladas en granito polos alumnos da escola, nas que se representan oficios tradicionais e máis singulares da nosa terra, como ferreiro, costurira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá co transfondo da emigración. 

 

Premer na foto para máis imaxes

 

 

 

           

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Homenaxe a Julia Sobrino

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com