16/05/2016

     

 

 

 

Camiño Portugués da Costa, 7ª etapa

  

Conclúe a peregrinación por etapas polo Camiño Portugués da Costa organizada por Caminha e A Guarda

O sábado, 14 de maio, tivo lugar a derradeira xornada do Camiño a Santiago por etapas organizada por Caminha-A Guarda coa participación de más de 100 veciños dos dous concellos. Esta iniciativa comezou o pasado 5 de marzo como a primeira das actividades froito da colaboración entre a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

Con saída da Parroquia de Escravitude, en Padrón (A Coruña), e xantar en Conxo, a 3 quilómetros de Santiago, os peregrinos disfrutaron tamén da música tradicional portuguesa, cun rancho que entrou en Santiago poñendo cor e alegría a esta última etapa de irmandade entre os veciños dos dous municipios que esperan que se repitan iniciativas como as programadas conxuntamente.

En Compostela gran parte dos peregrinos asistiron á Misa do Peregrino, percorreron as rúas, recolleron cadansúa credencial e, seguindo o programa previsto, pasadas as 21 horas, regresaron ás correspondentes vilas da Guarda e Caminha coa satisfacción de concluir a peregrinación.

 

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Camiño da Costa: Caldas de Reis-Escravitude

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com