06/02/2016

     

 

Desfile Escolar de Entroido na Guarda

    Estas fotos poden mercarse en papel fotográfico enviado un correo electrónico a

galiciasuroeste@gmail.com

(Recóllense na Academia Ferreira, A Guarda

Telef 636 091 089)

 

Preto de 700 nenos participaron en el Desfile Escolar de A Guarda

 

Os escolares da Guarda iniciaron o venres, 5 de febreiro, o entroido local cun desfile desde a Alameda ata “O Galo”, no que participaron preto de 700 rapaces dos distintos centros escolares con temáticas diversas relacionadas principalmente con a historia, o coñecemento e os xogos.

Precedidos por un vehículo da Policía Local e ao son da charanga “Cantos Somos”, o desfile comezou pasadas ás 12 do mediodía nunha maña máis ben fría, e foi seguido por centenares de persoas desde as beirarrúas.

Con este acto multicolor e imaxinativo, dáse a saída as distintas actividades do entreoido guardés que se desenvolverán ata o vindeiro martes. Entre os distintos actos haberá música, contacontos, cine, agasallos e o Desfile-Concurso o martes pola tarde.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Paletada-Laconada de San amaro 2016

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com