10/03/14

     

    

Desfile de Entroido na Guarda

  

Estas fotos pódense mercar en papel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

 

A Guarda concluíu en Entroido co Desfile-Concurso que non se celebrou o pasado martes pola chuvia

 

            Centos de persoas congregáronse nas beirarrúas da arteria principal da Guarda, rúas de Puerto Rico e Galicia, para contemplar o Desfile-concurso de Entroido, que a choiva do pasado martes obrigou a trasladar a este primeiro domingo de Coresma (09/0314). Con saída ás 17.30 horas da Praza de San Bernardo, os participantes cubriron o traxecto ata a Alameda onde concluíu este final de entroido e se entregaron os correspondentes premios por un importe total que superou os 3.500 euros distribuídos en cantidades que oscilaron entre os 30 euros do áccesit na categoría individual, ata os 500 euros das comparsas e carrozas.

            Homenaxes á música clásica, ao pallaso Miliki, a The Beatles pasando pola cociña, damas de época, fantasía, piratas, oficios tradicionais e un longo etcétera, que puxo nunha tarde de ceos grises, un mundo de música e cores, bailes e coreografías.

            Mentres nas comparsas e carrozas dominaron os maiores, en individuais foron os máis pequenos quen acapararon a rúa.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición Fray Rosendo Salvado

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com