09/02/2013

     

    

Desfile Escolar de Entroido na Guarda

 

Os escolares abriron o Entroido da Guarda cun desfile cheo de cor e moita imaxinación

 

            Máis de 400 escolares dos centros HH. Carmelitas, PP. Somascos, Solainas, Rodríguez Sinde e San Xerome, animados polo grupo <Airiños do Miño>, participaron o venres, 8 de febreiro, no Desfile do Entroido Escolar, que abriu estas festas populares, e que saíu, pouco despois das 12 do mediodía, da Alameda da Guarda para percorrer o centro da vila até a Praza dá Guía, onde concluíu.

            Se o colorido é unha mostra deste encontro cos disfraces, a creatividade tamén se deixou ver durante o desfile que estivo dedicado aos coñecidos pallasos da Tele, homenaxe dun dos colexios participantes. Outras postas en escena foron coa historia, recreando o mundo exipcio; coa natureza, <reproducindo> un xardín cos seus habitantes: xoaniñas, vacalouras e flores, entre outros inquilinos. A música, o circo cos seus pallasos e a hostalaría estiveron tamén presentes neste desfile seguido, desde as beirarrúas tomadas literalmente polos guardeses, por centos de ollos e cámaras coas que se quixo inmortalizar este inicio do Entroido Guardés que, entre outras citas levará a música á Alameda desde o domingo até o martes a partir dás 18 horas,sen esquecer que o martes, ás 17.30 horas, sairá da Praza de San Bernardo o Desfile-Concurso no que participarán preto de 200 persoas. E o mércores proxectarase, ás 17,30 horas, a película infantil “Río”, no Centro Cultural.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Cooperativa Escolar "Manitas Monster" de Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com