21/01/2013

     

    

Presentación de "Volviendo al pasado"

 

Emilio Rolán presentou na Guarda o seu, polo de agora, último libro “Volviendo al pasado”

 

            A sede de Anabam acolleu a presentación do libro “Volviendo al pasado”, da autoría de Emilio Rolán. Foi presentando este encontro coas letras polo presidente do colectivo naturalista do Baixo Miño, Agustín Ferreira, quen salientou a faceta investigadora de Rolán, pero que tamén camiña polos sendeiros da palabra escrita, mencionando os distintos títulos que xa ten publicado o médido-pediatra, malacólogo e investigador Emilio Rolán, quen quixo destacar na súa breve disertación o valor do humor, un dos ingredientes que salpican as súas composicións capaces de debuxar un sorriso na faciana do lector.

            Entre o público asistente, atopábanse, ademais de membros do grupo ecoloxista, coñecidos de Emilio Rolán, antigos compañeiros e guardeses que desexaban escoitar ao autor de “Volviendo al pasado”.

            Ao rematar a presentación os presentes recibiron un exemplar da publicación, que asinou o autor, e, facendo honor ao título, ofreceuse unha degustación de queixo de Oia que lembraba no maxín aquel saboroso e exquisito produto elaborado no concello de Santa María de Oia e que se vendía nas tascas e ultramarinos da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Estafados polas preferentes péchanse no concello de Tui

 

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com