18/08/14

     

    

Exposición sobre Eliseo Alonso

 

Ata o 31 de agosto pódese visitar a exposición “O Mar no Mundo de Eliseo Alonso”

            O xoves, 14 de agosto, inaugurouse no local de Efectos Navias Guadalupe, na Rúa do Porto, a exposición “O Mar no Mundo de Eliseo Alonso” que se pdoerá visitar, ata o 31 de agosto, de luns a sábado, de 17 a 20 horas, ampliándose este horario os domingos, de 12 a 14 horas.

            Antonio Martínez Vicente foi o encargado de abrir o acto e presentar aos distintos intervintes no acto inaugural, no que Ricardo Rodríguez Vicente, lembrou algunhas das particularidades do etnográfo do Baixo Miño. Acudindo a distintos traballos do escrito goianés, reclamou a conservación da embarcación tradicional da Guarda, a gamela, e fixo un chamamento ás familias mariñeiras a non perder ás súas marcas de identidade. Lembrou as colaboracións literarias de Eliseo alonso en xornáis como La Voz de Galicia, onde tiña a sección “Al compás del Miño”, e tamén as entregas ao Faro de Vigo. Logo de cualificalo como “embaixador literario do Baixo Miño”, referiuse a otras facetas recollidas nos traballos publicados coma as referencias á biodiversidade do río, ou á súa vinculación cos artistas desta comarca, apadriñando, por exemplo ao poeta guardés Álvarez Koki.

            Francisco Álvarez Koki leu un poema de eliseo Alonso, “Náufrago de café”, recollido no poemario “Tiempo y Camino”, e finalizou cunha elexía dedicada ao escritor desaparecido.

            Unha emocionada Alicia Alonso, filla de Eliseo, agradeceu ás persoas e institucións que fixeron posible esta exposición que quere ser, dixo, singradura de caráter itinerante pasando por outros portos que tiveron relación con Eliseo Alonso.

            Pechou a quenda de intervencións o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, salientando que A Guarda sabe recoñecer o mérito de aquelas persoas que tiveron, relación con esta localidades, lembrando as distintas exposicións de artistas tomiñeses realizadas xa na Casa dos Alonsos. Rematou a súa intervención cualificando a Eliseo Alonso como un “home bo e xeneroso”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Domingo do Monte en Santa Trega

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com