01/03/14

     

    

Desfile Escolar de entroido

   

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

 

 A Guarda abriu o seu entroido co desfile escolar

 

 
            Os escolares de Primaria, e o Centro San Xerome, abriron o 28 d efebreiro na Guarda o Entroido guardés co desfile que ás 12 do mediodía saíu da Alameda para percorrer a principal artería local, onde decenas de persoas congregáronse ocupando as beirarrúas para ver pasar un colorido e creativo mundo onde os protagonistas foron, entre outros, o mar, a Idade Media, Wali, a fantasía, os xogos clásicos, o fútbol, o Olimpo e a prehistoria, por citar algúns dos temas que servieron de xustificación para crear orixinais disfraces.
            Nenos, pero tamén profesores e pais participaron cos seus disfraces nun espectáculo que contou coa presenza da charanga "Cantos somos", ambientación musical por parte dalgúns colexios, e sobre todo, moita alegría, tanto dos que participaron desfilando como do público en xeral.
            A oferta do Entroido Guardés continuou o sábado coa proxección de "Rompe Ralpf", no Centro Cultural da Guarda ás 17.30 horas.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Efectos temporal 15 ó 16 de febreiro

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com