06/07/14

     

    

Ciclo sobre a Educación

 por Agustín Ferreira

 

Comezou no antigo colexio dos Xesuitas da Pasaxe o ciclo de charlas sobre a educación

Este pasado xoves, 2 de xullo, deu comezo o ciclo de charlas coloquio sobre a Educación, organizadas polo Concello da Guarda grazas á colaboración do profesor José Manuel Malheiro, do exalcalde Freitas e do actual alcalde, Antonio Lomba. O recinto do antigo Colexio dos Xesuítas, na Pasaxe, é o marco onde se desenvolve o mencionado ciclo.

Interviu en primeiro lugar, o alcalde guardés, Antonio Lomba, para presentar estas xornadas educativas e agradecer a participación dos intervintes nas mesmas. A continuación, J. M. Malheiro, coordinador e promotor deste ciclo, comentou como xurdiu a idea de facer estas charlas na Guarda, idea que xurdiu o pasado ano, contactando posteriormente cos responsables municipais, anteriormente citados. Presentou á primeira conferencia a profesora de Universidade da Coruña, Concha Sánchez Blanco, que ofreceu unna charla amena, entretida e, sobretodo, enriquecedora. Concha centrou a súa intervención nun aspecto, para ela fundamental: a mobilidades dos alumnos, onde puxo de manifesto a necesidade que teñen os nenos de moverse, tanto no espazo educativo como fóra del. Das súas palabras recóllese a idea da eliminación que habería que facer dos recunchos tais como os denominados “rincóns” en infantil, ou xa nos espazos públicos de lecer, as delimitacións que se fan nos parques infantís para que os nenos non saian dos recintos de “xogos”. Avoga por crear “camiños” escolares, onde os nenos “tomen as rúas”, indo a pé á escola, para humanizar e darlle vida, como antigamente, ás rúas. Ao final, entre a poñente e os asistentes, a maioría mestres, houbo un interesante coloquio na que se espuxeron ou debateron algunhas das ideas tratadas durante a charla.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com