04/09/12

     

    

Presentación U. D. Ribera

Reportaxe: Juan Carlos Álvarez Flores

 

Presentación do U D. Ribera na Mata

O domingo, 2 de setembro, ás 17:00 horas, no Estadio municipal de A Mata no Rosal, tivo lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a tempada 2012/2013.

O clube presidido por Estela Pereira ten en total nove equipos, dos que sete son federados. Coma novidade esta tempada haberá equipo feminino atendendo á demanda deste sector da población rosaleira que cada vez practica máis este deporte.

Os equipos federados son: Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Senior e Femenino.

A presidenta agradeceu a presencia do numeroso público que encheu a grada do municipal, asá como a dos xogadores das diferentes categorías, enfatizando no gran apoio que autónomos e empresas da comarca prestan ó clube para que, xunto coa axuda de diferentes institucións, siga tan vivo o deporte no Rosal.

Ó remate da presentación disputouse o trofeo Vila do Rosal entre o equipo de 2ª autonómica da U.D. Ribera e o equipo portugués do Campos de Vilanova de Cerveira.

(Seguinte reportaxe)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

Carreira

Pedestre

Virxe da Guía

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com

 

 

Senior

 

Juveniles

 

Cadetes

 

Femenino

 

Infantiles

 

Alevines

 

Benjamines

 

Prebenjamines

 

Minis