seguinte

Máis de 700 persoas congregáronse no auditorio de San Bieito para disfrutar do
Encontro dos Pobos, unha iniciativa do grupo "Do Lusco ó Fusco", dirixido por
Julia Sobrino, que chega á súa décimo sétima edición traendo a música doutros
países que comparten con grupos da contorna, a música o folclore de cadanseu
lugar.
A Guarda, Tui, Oia, Tomiño e O Rosal, marcan un itinerario de actuacións nos
que, ao lado dos respectivos grupos de gaitas e baile, participan o guardés xa
mencionado "Do Lusco ó Fusco" e, nesta edición , un grupo que chega desde
Turquía: Fethiye Gazi School, e outro que vén do norte de Francia, concretamente
da Bretaña: Ar Skewell.
Nesta edición participaron, na Guarda, o Club da Terceira Idade e Pensionistas,
"Do Lusco ó fusco", "Boalleira", "Os Pelouros", "Xamaraina", "Vento Mareiro", "Fethiye
Gazi School" e "Ar Skewell".











seguinte