20/08/2013

     

    

Romaría no Monte

Festas do Monte

 

Reportaxe-1

 

 

Reportaxe-2

 

Coa Romaría de Monte e os actos programados para o luns finalizaronn as Festas do Monte no seu centenario

            A Guarda rematou o luns as Festas do Monte  que este ano, co gallo do Centenario se prolongaron por espazo de 15 días. As últimas propostas tiveron lugar no Auditorio de San Bieito co concerto da banda de música Agrupación Musical do Rosal e a tirada de fogos que no porto da Guarda, un espectáculo que congregou a milleiros de persoas para disfrutar dos estouridos, as cores e os xogos que se crearon coas tiradas.

            Recordando a xornada grande, vivida no monte Santa Trega, o domingo, día 18, hai que sinalar que transcorreu con total normalidade nun ambiente que fixo plausible a Romaría. A partires das once e media da mañá as bandas comezaron a ascender pola estrada, cun percorrido de 3,5 km ata o Pico de San Francisco. Antes xa foran moitos os romeiros que se puxeron a camiñar.

            A climatología acompañou a xornada, aínda que, sobre todo á hora do xantar e para os que procuraron a sombra, o vento do norte non resultou un bo acompañante. E a tardiña foi a néboa a que deixou un curuto no Trega.

            A xornada transcorreu cumpríndose o ritual: a xura das bandas, cada unha no seu lugar, a trolada, o descenso a media tarde ata o Montiño onde tivo lugar a merenda-cea, e a Baixada, que nesta edición deu a sensación que estivo mellor que nos anos precedentes pois as bandas baixaron cunha continuidade de mellor gusto para os centos de persoas que se situaban a ámbolos dous lados da estrada.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

Reportaxe-1

 

Reportaxe-2

 

 

Reportaxe anterior

 

Arruaz

nas Festas

 do Monte

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com