02/06/14

     

    

A Guarda Doce

   

Celebrouse o 31 de maio e 1 de xuño a primeira edición de “A Guarda Doce”

 

            A Alameda da Guarda acolleu esta pasada fin de semana a primeira edición de “A Guarda Doce”, unha cita cos doces e sobremesas máis representativos desta localidade e Caminha, que foi inaugurada polo alcalde, José Mnauel Domínguez Freitas, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha, Guilherme Cesário Lagido Domingos, pouco despois da doce do mediodía do sábado, 31 de maio, e logo de percorrer, na compaña de distintos concelleiros, os stands deste encontro coa repostería, cursando tamén unha visita a exposición de pintura que se mostra no Centro Cultural polos alumnos de Águeda Suárez, como iniciativa da OMIX da Guarda.

            Para o representante portugués, con este novo acto institucional entre os dous municipios, favorécense as relacións entre ambas as beiras do Miño e “cando se fai con doces, son máis agradables aínda”. Destacou o apreciada que é a pastelaría local guardesa en Caminha, pero tamén como os guardeses saben da boa repostaría camihense. E subliñou as magníficas relacións que existen entre o alcalde da Guarda e o seu goberno, cos seus homónimos portugueses, relacións que “imos continuar e que supoñen unha senda de colaboración” entre dous “pobos irmáns que falan practicamente a mesma lingua e teñen os mesmos gustos”.

            Para Domínguez Freitas, que corroborou as palabras de Guilherme Cesário Lagido Domingos, estamos nun momento de colaboración entre Caminha e A Guarda que supera unha etapa anterior onde faltou esta sintonía. E referiuse o rexedor guardés a “A Guarda Doce” que foi copiada da “Caminha Doce” que se realiza na localidade portuguesa fronteiriza, porque cando as cousas se fgan ben, merecen ser copiadas. Tanto Freitas como Cesário Lagido apostaron pola continuidade desta iniciativa que reúne aos reposteiros de ambos os lados do Miño.

            No programa houbo variedade de propostas como obradoiros de respostería infantís,  actuacións musicais con “Fiddle Loop&José Estewart”; actuación do grupo de Cantares Tradicionais “Projeto Minius” e concurso infantil de galletas, actuación do Grupo de Clarinetes do Conservatorio de Tui e o concurso da rosca de xema para afeccionados.

“A Guarda Doce” contou tamén cunha exposición de motos e bicicletas antigas e inchables.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Día das Letras Galegas na Guarda (2)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com