10/06/2013

     

    

Desfile do Traxe Galego

 

14 grupos participaron no VI Desfile do Traxe Galego celebrado na Guarda

 

Algúns centos de personas congregáronse nas beirarrúas da Guarda para presenciar o desfile que, organizado pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego, discorriu na tarde do domingo, 9 de xuño, coa participación de Hailolá, de Lalín; Guadapena, de Meaño; Os de Algures, de Pontevedra; Lirolai, do Rosal, e os grupos guardeses Boalleira, Os Petóns, Pedra Alta, Os Pelouros, Vento Mareiro, Caramuxiñas, eª Idade, Churumbela, Xamaraina e Trebón dos Xidos.

Pouco despois das 18 horas, deuse a saída dos grupos formados na Alameda, para percorrer a Rúa Galicia, Pacífico Rodríguez, Concepción Arenal, Rúa do Porto e desfile sobre tarima, no Auditorio de San Bieito, onde arredor de catrocentas persoas recibiron con aplausos aos participantes no VI Desfile do Traxe Galego.

Os grupos convidados, Guadapena e Hailolá, ofreceron ao rematar o desfile, varios bailes cos que finalizou este encontro co traxe galego.

Coincidindo con este evento, durante todo o día tivo lugar na Rúa do Porto unha feira de artesanía que animou o ambiente do barrio mariñeiro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Concentración

contra a quita

das preferentes

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com