24/09/12

     

    

Ruta da Desembocadura PR-G160

  

50 sendeiristas inauguran o PR-G160  da Guarda cun percorrido de 11 km

 

            Máis de 50 persoas acudiron o sábado, 22 de setembro, á inauguración da Ruta da Desembocadura do Miño, un itinerario homologado pola Federación Galega de Montañismo, que oficialmente se coñece xa como PR-G160, e que foi posible grazas ás xestións e empeño do concelleiro de Patrimonio e Medio Ambiente da Guarda, Javier Crespo, e a finaciación da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

            O itinerario, que se inicia na igrexa de San Lourenzo de Salcidos, pasa por ser un dos máis fermosos que percorren A Guarda polos espazos que atravesa no seu decurso: sendeiros nos que predominan os verdes, as marismas, bosques de carballos, praia fluvial, piñeirais e costa atlántica, por citar algúns cadros nos que dilatar a mirada. Pero tamén por contar no seu percorrido, ou proximidades, con centros que ofertab outros valores a este itinerario, coma o Muíño de Amancio, os Observatorios ornitolóxicos, os asteleiros, a Estación Ornitolóxica, ou o paseo da Senda Litoral.

            Son case once quilómetros, practicamente chás, para disfrutar sen agobios, sen présas e con pausas. Perfectamente sinalizados que, como dicimos, comezan na parroquial de San Lourenzo e finalizan onde a senda litoral de madeira muda a superficie polo cemento, preto da EDAR da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Monseñor Arnaiz e Manuel Lorenzo condecorados

 

Outras reportaxes

 

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com