04/04/2013

     

    

Torneo Fútbol Base no Rosal

Reportaxe: Beti Rey

 

Os afectados polas participacións preferentes foron desaloxados da Casa do Concello de Tui

Onte á primeira hora da mañá foron desaloxados os afectados polas participacións preferentes do Concello de Tui. A policía local comunicoulles que tiñan que deixar o salón de plenos e o desaloxo realizou sen incidentes.  Un grupo de afectados permaneceu, ata ás 15h, no exterior da Casa do Concello, onde Policía Local e Garda Civil impidían o acceso a calquera persoa que non vai ao rexistro de entrada, tal e como se informa nun cartel no exterior do edificio.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, confirmaba na Radio Municipal de Tui o desaloxo realizado pola Policía Local para que volva á normalidade democrática ao concello.

Explicaba que segue aberto o camiño da arbitraxe para os afectados, a quen siguen apoiando para que recuperen os seus cartos. Mencionaba amais Moisés Rodríguez o custe que supuxo ter o concello paralizado durante máis de dous meses.

Unha das voceiras da Plataforma, Miriam Fernández, explicaba que tentaron acceder ao interior do Concello pero as forzas de seguridade llo impediron. Querían que se lles explicase o porqué do desaloxo. Dende a Plafatorma de Afectados do Baixo Miño consideran que este desaloxo non é un xeito de apoialos. Agora estudarán que medidas tomarán nos próximos días.

O desaloxo produciuse logo da suspensión do pleno previsto para ás 20h do martes. No momento en que tería que dar comezo a sesión foi o sarxento da Policía Local de Tui quen comunicou aos máis de 150 afectados polas participacións preferentes e subordinadas, que ocupaban o salón de sesións, a decisión da corporación de suspender ese pleno.  Esta é a terceira sesión plenaria da corporación tudense suspendida dende que o pasado 17 de xaneiro os afectados polas preferentes se pecharon na Casa do Concello. O  último pleno celebrado pola corporación municipal foi o 29 de novembro. Os afectados reclamaron que fora a propia corporación quen lles comunicara a suspensión. No exterior do salón e da casa do Concello había axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Dende un par de horas antes da hora prevista para o comezo da sesión os afectados da plataforma do Baixo Miño eran apoiado pos afectados das plataformas do Condado-Paradanta, Gondomar e Redondela con camisetas laranxas, azuis, negras e brancas, e coreando distintos lemas cos que seguen a reclamar as devolución dos seus cartos.

Na alcaldía reuniuse a  corporación municipal que de forma unánime acordou a suspensión do pleno ante a ocupación do salón, que deste xeito non reunía as condicións necesarias para a celebración da sesión. Así o explicaba posteriormente aos medios de comunicación o alcalde, Moisés Rodríguez, respaldado polo equipo de goberno. O rexedor tudense volveu manifestar unha vez máis “o apoio máximo” da corporación cos afectados. Moisés Rodríguez sinalou que o de onte era “un día triste” porque a suspensión dun pleno implica que a democracia non funciona con normalidade e afirmaba que “a poboación de Tui foi desaloxada dos seus sitios”.

O rexedor insistiu en que Tui apoia aos afectados e está a favor da arbitraxe, e seguirán loitando cos afectados para que lles devolvan os seus cartos. Moisés Rodríguez manifestou que esta é unha situación complicada, e agradecía o apoio da corporación ao acordar a non celebración do pleno polo perigo que iso podería supor.

Máis de 200 persoas dos 550 que solicitaron a arbitraxe foron xa chamados á negociación. Agradecía a comprensión dos cidadáns de Tui e dos traballadores municipais que soportan esta situación de bloqueo no concello, o que ten susposto que 180 persoas deixaron de ser atendidas diariamente, así como un custe superior aos 2.000 mil euros diarios en nóminas.

Insistía o alcalde de Tui que amais da vía de arbitraxe queda tamén a vía xudical. Lembraba que a ocupación do concello non está permitida dende o 19 deste mes.

O voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño pedía a corporación municipal que siga ao seu lado. Ao tempo que consideraban que a convocatoria do pleno de onte á tarde non facía falta.

O alcalde saia da Casa do Concello pasadas ás 20.45h, acompañado por membros da Policía Local.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Torneo infantil

de fútbol

no Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com