14/04/14

     

    

Domingo de Ramos

  

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

 

Centos de persoas participan no Domingo de Ramos na apertura da Semana Santa

 

            A Semana Santa guardesa iniciouse co domingo de Ramos, onde a boa climatoloxía propiciou unha multitudinaria participación de crentes de todas as idades portando palmas, palmitos, polas de oliveira e ramos máis portentosos de loureiro. Coa presenza da maior parte dos corporativos do concello, presididos polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, o párroco Jesús García Villadóniga, bendeciu as palmas no auditorio de San Bieito desde onde se iniciou, como é tradición, o percorrido ata a parroquial da Asunción de Santa María, pasando polas rúa Concepción Arenal, Brasilino Álvarez Sobrino, cruce de Joaquín Alonso, Antonio Alonso e chegada á igrexa. Oficiándose de seguido a Misa cantada polo coro Cantábile, baixo a dirección de José Luis Lorenzo Rodrígruez, estando nesta ocasión nos teclados Lucía Alonso.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

PrePreseentación da Semana Santa de Braga na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com