25/03/2013

     

    

Domingo de Ramos

   

Unha mañá de tregua climatolóxica posibilitou a procesión do Domingo de Ramos

 

            A noite do sábado ao domingo, pasada con abundantes chuvias, foi preludio dunha mañá inestable que non impediu a celebración da Procesión de Ramos, coa participación de centos de fieis que fixeron o tradicional percorrido, logo da bendición das palmas, loureiros e oliveiras, no auditorio de San Bieito, a carón da igrexa conventual.

            Acompañando ao párroco, Jesús García Villadóniga, os membros da Corporación, presididos polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, xunto cos fieis, saíron pouco despois das once da mañá, no momento en que se abriron algúns paraugas, cara á parroquial da Asunción de Santa María, seguindo a rúa Concepción Arenal, Brasilino Álvarez Sobrino, Joaquín Alonso, Antonio Alonso e Adro da Igrexa.

            Ás 12 do mediodía oficiouse a Misa, cantada polo coro Cantábile, co templo sen un só espazo baleiro. Comezaba con estes actos, a Semana Santa Guardesa que terá, como xornadas máis importantes o Xoves Santo e o Venres Santo, cando saen as principais procesións da localidade que sempre congregan a milleiros de persoas participando delas ou sendo espectadores do paso das distintas imaxes que saen nestas datas á rúa.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Barferencia

sobre Os cuncheiros no Arruaz

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com