09/07/2013

     

    

XXIII Festa da Lagosta

 

Máis satisfacción dos restauradores pola afluencia de público o domingo que superou o número de comensais da xornada anterior

 

            A Guarda celebrou tres días de exaltación dun marisco que converten a esta localidade na súa capital, a lagosta, e que chega á vixésima terceira edición. Sen a sensación de afluencia de público que caracteriza a este encontro gastronómico desde a súa creación, pero sobre todo desde que se ampliou a outros produtos engadíndolle á cita <e dá cociña mariñeira>, non se contou coa complicidade climatolóxica que castigou, con temperaturas indesexables por extremas, a fin de semana, competindo o porto escenario da <Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira>, coas praias Bandeira Azul, do Muíño e Area Grande, ou sen este distintivo, como Fedorento ou A Lamiña.

            E a esta situación, súmase unha crise que se eterniza, e a degustación derivou cara a preparados culinarios máis económicos, pois xunto coa lagosta servida á prancha, cocida ou en salpicón, ofrecíanse case trinta alternativas que oscilaban entre o euro das empanadillas, aos 10 dos percebes, berberechos, camaróns, zamburiñas, salpicón de marisco ou polbo á feira, e desta maneira ás dúas e media da tarde do domingo, nalgunhas casetas dos restaurantes xa se esgotaran os berberechos, o salpicón de lagosta (25 euros) e as empanadillas. A lagosta, segundo algúns restauradores, tivo un descenso, comparando co número de pratos servidos o pasado ano. O domingo as expectativas, no entanto, melloraron con respecto ao sábado. Tamén o aseguraba un restaurador do porto quem graficamente dicía que no seu restaurante “colleunos desentrenados”, en alusión a que os clientes superaron as expectativas do traballo habitual.

            Seis restaurantes, unha adega e unha confeitaría, a centenaria Estévez, preocupáronse de que esta cita gastronómica non defraudase a ninguén. A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, estivo atenta, practicamente durante os tres días da festa, ao menor detalle, e a técnica de Turismo, Rosalía Verde, atendeu desde o venres ao domingo, a oficina de información instalada na carpa. José Manuel Domínguez Freitas, entrevistado por distintos medios de comunicación, algúns de alcance nacional, mostrábase optimista o sábado, a pesar da crise, de que os números, sen chegar a ser óptimos, non deberían defraudar.

            Música, actividades para os máis pequenos, feira de artesanía e teatro, foron algunhas das alternativas organizadas polo Concello, que acompañaron á XXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira que volverá dentro dun ano.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Campionato

Galego

de Triatlón

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com