29/10/12

     

    

IV Marcha BTT Serra da Groba

 

Máis de 350 ciclistas na IV Marcha BTT Serra da Groba

 

            Máis de 350 ciclistas tomaron parte o 28 de outubro, na Marcha BTT Serra da Groba, organizada polos concellos da Guarda, O Rosal e Oia, co apoio dos clubes cilcistas da Guarda e O Rosal.

            A xornada, cunha temperatura espléndida para cubrir o percorrido duns corenta quilómetros, transcorreu sen incidentes, agás un motorista de apoio que sufriu unha caída e necesitou algúns puntos nun brazo, sen maiores consecuencias. A paisaxe, magnificada pola luminosidade do día, foi un atractivo máis desta ruta que chega a cuarta edición co éxito garantido. Desde Viveiro ata A Guarda, un amplo abano de corredores de diferentes procedencia non quixieron perderse esta oportunidade de estar pedaleando por unha das serras de maior valor ecolóxico, paisaxístico e etnográfico de Galicia.

            No Muíño das Aceñas montouse o avituallamento de froitas e bebida atendido por concelleiras da Guarda (PSOE) e do Rosal (PP), que malia ao distinto signo político, nas catro edicións celebradas sempre deron mostra de coordinación e compañierismo, deixando de lado calquera discrepancia política. O alcalde do Rosal, estivo presente para recibir aos ciclistas.

            Concelleiros do Rosal, da Guarda e do Oia, velaron polo bo discurso desta proba acompañando aos ciclistas en coches de apoio, colaborando tamén os servizos de Protección Civil.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

O Monte Santa Trega na Historiografía galega

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com