05/11/12

     

    

Curso de Cociña

 

Clausurada con éxito o curso AFD de Operacions basicas de cociña promovido polo concello e Informática San Benito

 

 

O pasado 2 de outubro déronse por rematadas as clases teóricas do curso de “Operacións basicas de cociña” que o concello da Guarda desenvolveu dentro do programa de cursos AFD 2012. Os quince alumnos que iniciaron o curso o pasado 20 de agosto terán que realizar, agora as 80 horas correspondentes ás prácticas do curso, que se realizarán en restaurantes do municipio e da zona, para dar por finalizado o curso o 22 de novembro.

Os restaurantes que colaboran co concello e que axudan na formación deste grupo de alumnos no seu período práctico son: Brisamar, Arruaz, O Cangrexal, Area Grande, Chupaovos, Gaviota, Trasmallo, Gallega Selecta de Alimentación, Tu Menú, Lugar Costa Verde e Tapería A Esgalla.

A finalidade deste curso foi, principalmente, que o alumnado conseguise as ferramentas básicas para elaborar e desenvolver tarefas básicas na cociña.

Tanto o equipo de docentes como o grupo de alumnos e alumnas, manifestaron a súa satisfacción coa formación obtida e coa mellora que supón no seu currículo profesional, esperando acadar un lugar no ámbito profesional da hostalaría.

            Na xornada da clausura, na que participaron representantes do concello, entre eles o alcalde da Guarda, representantes da empresa que facilitou as instalacións para a formación e persoal de Informática San Benito, o rexidor local, José Manuel Domínguez Freitas, sinalou o esforzo que realizou o concello adiantando os cartos para posibilita resta formación, e destacou tamén que tense observado quen outros cursos acontece que a matrícula dos que s einscriben, vai minguando, algo que non aconteceu nesta ocasión que mantivo o número de alumnos, evidenciando o interese que suscitou esta formación e demostrando que “as cousas ían ben”.

            “Hoxe culmina unha parte da vosa formación e ninguén dubida do aproveitamento do curso vendo sobre a mesa as degustaicóns elaboradas: ricas en presentación e ricas nos padares”, e engadiu o alcalde, dirixíndose especialmente aos alumnos que “hoxe estades máis preparados e con maiores posibilidades de insertaros no myundo laboral”.

            Agradeceu aos propietarios do establecemento “Gallega Selecta de Alimentación” o pór a disposición do alumnado a cociña para realizar o curso e a Informática San Benito, o desenvolvemento do mesmo. Tivo tamén palabras agarimosas e de recoñecemento para a técnica municipal Elena Rodríguez “que sempre está pendente de calquera axuda ou orden que posibilite a realización de cursos, e nos anima a levalos a cabo”.

            Dous alumnos, explicaron as distintas elaboracións que se atopaban sobre a mesa para ser degustadas na clausura, e a profesora destacou que todo canto se ía degustar fora traballo exclusivamente do alumnado, sinalando que quedaron gratamente sorprendidos porque o bordaron.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Curso de Artesanía na Asociación de Redeiras Atalaia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com