30/07/2013

     

    

A Vila Romana de Currás

Reportaxe: Ricardo Da silva

 

Practicamente finalizada a primeira fase das escavacións do xacemento romano de Currás

 

            Hai unhas semanas comezou en Currás a escavación do xacemento romano, coordinada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, antigüidade e Territorio (GEAAT), da Universidade de Vigo, contando para elo co patrocinio do concello de Tomiño e da Comunidade de Montes de Currás, así como coa axuda da Asociación de Veciños “Os Medos".

            Nestes momentos finalízase a primeira fase do proxecto que ten como obxectivo localizar as estruturas descubertas en 1972 para valorar o seu estado de conservación, tentar caracterizar a súa tipoloxía e documentar todo o conxunto para deseñar, posteriormente, futuras intervencións.

            A segunda fase dependerá dos achádegos da primeira. O seu obxectivo será realiza runa excavación arqueolóxica para descubrir e deixar á vista a mayor parte do xacemento, así como coñecer detalladamente as súas características histórica e patrimoniais. Esta fase conlevará a adquisición de terreos nos que se localiza o xacemento arqueolóxico.

            O proxecto concluirá cunha terceira fase na que se trataría de musealizar o xacemento romano converténdoa noutra das referencias do Baixo Miño.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Serán nas

Tradicións Mariñeiras da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com