06/05/2013

     

    

Conferencia de Ermelindo Portela Silva

 

Ermelindo Portela pechou o ciclo de conferencias organizadas con motivo do Centenario da Sociedad Pro Monte

 

O Centro Cultural da Guarda acolleu, o venres, 3 de maio, a última das conferencias do ciclo organizado co gallo do Centenario da Sociedade Pro Monte, e que tivo como ponente ao profesor Ermelindo Portela Silva, quen falo do culto cristián no Monte Santa Trega na Idade Media, entre os séculos V al XV

O historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, que foi o presentador, comezou dando algúns datos biográficos do Ermelindo Portela, que estudou no colexio das HH. Carmelitas, Xesuítas de Camposancos, Comillas e Santiago de Compostela. Referencias ao avó e ao pai do conferenciante, que estiveron vinculados á Sociedade Pro Monte. Conferencias, seminarios e cursos, forman parte do amplo curriculum de Portela Silva, nomeando tamén Villa Álvarez algúns do títulos das obras da autoría do conferenciante. Finalmente o presentador quixo destacar os valores de Ermelindo Portela Silva: “sinxeleza, humildade, mesura, cautela, ponderación, revestidos dunha exquisita educación”.

Na súa intervención, Ermelindo Portela desvelou que o Monte é un lugar de culto cristián  desde que este culto existe por estas terras, segundo evidencia unha sepultura atopada en Saa, Camposancos, nun contexto arqueolóxico dos séculos IV ou V.

            Respecto ao nome do monte, dixo descoñecerse  desde cando se denomina Santa Trega, posiblemente desde os séculos centrais da Idade Media, para mencionar de seguido á peregrina Egeria como introductora do culto á protomártir en Galicia.

De finais do século XI ou principios do XII son as Constitucións da Confraría de Santa Trega que son un documento que evidencia a existencia do culto cristián no Monte. No século XV dáse unha modificación na  normativa das Constitucións mencionadas, coas que se crea a Irmandade do Clamor do Monte Santa Trega, que establece as novas normas que rexirán as prácticas litúrxicas no monte.

Para Ermelindo Portela, como xa ten manifestado noutras oportunidades,  o Voto de Santa Trega está relacionado coa Peste Negra, e non cunha suposta seca que se produciu na comarca. Basea esta afirmación en que nas preces non hai referencias á chuvia, e os elementos que se recollen neses textos falan de penitencia, xexún, saiais, os pés nús, e mesmo o contido do sermón sobre a brevidade da vida e a morte próxima, son rasgos que se difunden por toda Europa tralo azoute da peste negra.

Clausurou esta conferencia, e o ciclo, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, quen lamentou que chegasen ao seu fin, para engadir que <espero que sexamos capaces, con Javier Crespo á cabeza e coa Comisión do Centenario creada ao efecto, de organizar algunha outra cousa para conmemorar os cen anos da Promonte>. Destacou o éxito das barferencias, os relatorios que tiveron como escenario cafeterías e tabernas, como a do Galo, <supondo un tremendo éxito> levar a cultura a contextos non habituais. Entregou o alcalde, acto seguido, un recordo ao presentador e ao conferenciante, concluíndo así esta iniciativa xurdida co gallo do Centenario da Sociedade Pro Monte Santa Trega.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración da exposición de Juan Vázquez en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com