29/01/2013

     

    

Campionato Galego de Cross, junior

Reportaxe: Miguel Márquez

 

As guardesas Rocío e Sara, xunto coas atletas Jenni, Eva, Laura e Victoria, todas no club Val Miñor proclamáronse campionas galegas junior por equipos

 

O Parque do Miradoiro do Couso, en Riveira, acolleu o Campionato Galego de Cross júnior,  individual e por equipos, coa participación de dúas da atletas da Guarda que militan no equipo da S.A. Val Miñor: Sara Márquez e Rocío Martinez, que lograron, Rocío, un meritorio 4º posto, e Sara, o 10º posto. As atletas tampouco lograron esquivar un circuíto duro, con chuvia e con moito vento. A proba comezaba ás 11:10 horas da mañá cun percorrido de 4.800 m, cunha condicións meteorológicas dominadas, como mencionamos antes, pola moita chuvia e vento.

A corredora internacional Jenni Fernández, do mes club que as guardesas, o Val Miñor,  cruzou primeira a meta proclamándose campiona galega da categoría.

Rocío, Sara, Jenni, Eva, Laura e Victoria, lograron tamén proclamarse campionas galegas por equipos da categoria Junior, conseguindo clasificarse para correr o día 24 de febreiro en Marina Door o Campeonato de España desta categoría. Sorte ás Campeonas na proba de febreiro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

29 anos despois as bieitas volveron á Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com