25/06/2013

     

    

Andaina polo Camiño Portugués da Costa

 

Unha andaina polo Camiño Portugués da Costa pechou as camiñatas organizadas polo concello da Guarda que se retomarán en setembro

 

            Nunha xornada alentada polas mellores temperaturas para realizar unha andaina, levouse a cabo o sábado, 22 de xuño, a última das camiñatas organizadas polo concello da Guarda antes do verán, pois volveránse a retomar en setembro, coa participación de algo máis dun cento de sendeiristas que contaron coa colaboración da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia (ACAMO) para explicar, sobre todo na igrexa monacal, as principais características deste monumento relixioso.

            Pasadas as 9.30 da mañá do sábado, os xamiñantes saíron da Alameda da Guarda seguindo o itinerario do Camió Portugués da Costa. Con paradas na Capela da Virxe da Guía, subida a San Xaián, paroveitando para repoñer forzas, pasando despois pola capela de San Sebastián e finalizando no Mosteiro de Oia, onde Francisco Javier Costas Goberna explicou as orixes do mosteiro, o significado das pinturas de arco maior, as dificultades polas que pasa o mosteiro para a súa conservación e o achádego da Virxe do Mar, patrona de Oia.

            Na contorna do Mosteiro aproveitouse para comer e unha parte importante dos sendeiristas retornaron á Guarda tamén a pé, cubrindo deste xeito preto de 30 quilómetros de percorrido.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Selección Baixo Miño-Selección Galega (fútbol fsminino)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com