30/05/2016

     

 

 

 

Procesión do Santísimo

  

A Procesión do Santísimo percorreu as rúas da Guarda malia o incertidume das horas previas

 

            Por vez primeira na súa historia, a procesión do Santísimo, ou ”do Señor”, saíu da parroquial das Guarda a distinta hora do que o viña facendo en edicións anteriores.

            Aproximadamente ás 12.30 saíros os estandartes das diferentes confrarías e o Palio, e a continuación os sacerdotes, Jesús García Villadóniga, portando o Santísimo, e o Somasco paí Vidal. Detrás as autoriades, presididas polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e ao seu carón, a rexedora de Oia, Cristina Correa. Ademais, como é tradicional, os nenos que recentemente, ou neste mesmo día, fixieron a Primeira Comuñón, participaron no percorrido procesinal. Pechaba a comitiva relixiosa a Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta.

            Pouco despois de finalizada a procesión, voltou a chuvia. Neste caso, como popularmente se di, “os santos axudaron”.  

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Alfombras florais na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com