05/06/2016

     

 

 

 

Conrazones

  

Conrazones estivo unha vez máis na Alameda da Guarda coa súa ampla oferta de produtos solidarios

 

            Voluntarios de Conrazones organizaron o domingo, 5 de xuño, o Mercadiño Solidario na Alameda da Guarda, para facer fronte ás necesidades deste colectivo que atende a más de 80 persoas con dificultades económicas da comarca do Baixo Miño, sobre todo da Guarda e O Rosa, tamén Oia e incluso algúns veciños de Tomiño.

            Xoguetes, libros, música, téxtil, útiles de cociña e un longo etcétera, puideron mercarse a prezos noi baixos provendo de recursos económicos a Conrazones que destinaran integramente os fondos conseguidos a adquirir alimentos, fundamentalmente proteínas para estas familias que están a sufir a crise de maneira moi especial.

            Foron moitos os guardeses, e non guardeses, que se achegaron durante todo o día a este espazo de lecer da Guarda para colaborar con Conrazones mercando algúns dos produtos que se ofrecían neste escaparate solidario.

           

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Homenaxe da ACG a Costas Gobernar

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com