27/07/ 2010

     

    

Concerto de Corais na

II Mostra das Tradicións Mariñeiras

seguinte

 

As corais da Guarda e Ruada, de Ourense, clausuraron a II Mostra das Tradicións Mariñeiras da Guarda

            A Coral de Ruada e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda tiveron o honor de clausurar a II Mostra das Tradicións Mariñeiras, cun concerto ao acudiron unhas 450 persoas e que foi presentado por Zaida Martínez Oliveira e Ana.Flores

            Os integrantes de Ruada entraron na carpa do porto entre os aplausos de público e ao son do grupo de gaitas desta cáseque centenaria formación, a segunda máis antiga de Galicia que se presentaba na Guarda nunha oportunidade que non se repetía desde o ano 1957, cando participou un Concerto durante as Festas do Monte. Neste senso o presidente da Coral de Ruada lembrou o seu interese por estar na Guarda, localidade na que veranea desde hai 24 anos polo que, en palabras do alcalde, José M. Domínguez Freitas, é un guardés e portavoz deste municipio alí a onde vai.

            Subiu ao escenario, en primeiro lugar, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, que incluíu no seu repertorio habaneras, canción mariñeira e popular galega.

            Esta Agrupación foi creada en 1984 e desde entón leva percorrido toda Galicia e gran parte do país veciño. No seu repertorio para esta xornada estiveron “Lévame”, “Os cregos e os taberneiros”, “Huellas en la arena”, “No niño do vento”, canción escrita por Álvaro Cunqueiro e “Nostalgia del mar”, unha peza dedicada a San Campio, festividade que tamén se celebraba onte en Figueiró, como recordou a directora da Coral.

            Tralo pase polo escenario da coral guardesa, subiu ao estrado a Coral de Ruada, á que dedicaron palabras persoeiros relevantes da cultura galega coma Otero Pedrayo, Óscar Esplá e Antonio Fernández Cid, por citar algúns intelectuais que apreciaron o vo facer desta formación.

            No repertorio traído á Guarda, a Coral de Ruada de Ourense interpretou “Foliadas da Rabeda e da Peroxa”, “Goliada do Miño””Alalá de Taboaleda e Ourense”, “Alalá de Muxía”, “Pandeirada de Falván”, “Pandeirada de Tella”, “Foliada de Carballo” e a “Danza dos Vellos”, bailada polo grupo de danza da Coral.

            Como remate do concerto, as dúas corais, dirixidas por Marisilda Sánchez Lomba, interpretaron “Trullada de Cangase Trullada de Cambados” e a coñecida canción “Airiños, airiños, aires”, coreada polo público.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

seguinte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Serán na Mostra das Tradicións Mariñeiras

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com