04/06/2013

     

    

Primeiras comuñóns

   

Once nenos recibiron o Sacramento da Comunión na festividade do Santísimo

 

            Xuño e xullo son, por tradición, os meses que concentran o maior número de nenos e nenas que fan a Primeira Comuñón. E tres son as celebracións principais nas que se administra este Sacramento: a festividade do Santísimo, a de San Antonio e a Virxe do Carme.

            O domingo, 2 de xuño, tiveron lugar os actos en honor ao Santísimo e, na Misa que precede a procesión, recibiron este sacramento once rapaces que tiveron unha participación activa nos oficios relixiosos, lendo peticións ou portando as ofrendas.

            O párroco, Jesús García Villadóniga, na homilía, animounos a seguir unha vida cristiá e a seren obedientes cos seus pais.

    

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Alfombras Florais na Guarda en honor do Santísimo

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com