12/05/14

     

    

Visita guiada ás Illas Cíes

 

As illas Cíes recibiron a 110 sendeiristas procedentes da Guarda

 

            110 sendeiristas, en dous autobuses, participaron o sábado, 10 de maio, na andaina guiada ás illas Cíes, organizada polo concello da Guarda.

            Pasadas ás 8.30 da mañá, os autobuses partiron da Sangriña cara a Baiona onde os particpantes nesta actividade embarcaron ás 9.30. Cunha temperatura idónea para camiñar, aínda que as néboas matinais impediron a visión dos horizontes, iniciouse a visita guiada ascendendo ao Monte Faro cun desnivel de 175 metros.. Tralo xantar, sen que faltase por parte dalgúns  participantes o disfrute da praia con chapuzón incluído, inicouse ás 15.30 horas, a segunda visita guiada nesta ocasión será ao Faro de Monteagudo, contando coa complicidade dos ceos despexados e contrastes de azuis e verdes. Parellas de gaivotas aniñando ou no cortexo nupcial, o vo dos cormoráns, pero sobre todo as ducias de centolas ao alcance da man (respectando a prohibición de collelas) ou observando os desprazamentos dos polbos, concluíu unha xornada que foi de satisfacción para todos os que participaron nesta proposta do departamento de Deporte que dirixe o concelleiro, Javier Crespo, promotor desta iniciativa no concello da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festa de

 San Xián 2014

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com