13/01/14

     

    

Cicloxéneses

  

 

Desperfectos do temporal do 6 de xaneiro

 

            Os efectos da cicloxénese que sufriu a costa galega o 6 de xaneiro, motivou distintos danos na costa da Guarda que afectaron, na senda litoral, á infraestrutura de madeira, a praia do Carreiro perdeu a area, e as pedras espalláronse por este espazo, no Paseo Marítimo da Robaleira, os desperfectos afectaron ás bancadas de pedra, chanzos das escaleiras de pedra, parque infantil, e levantamento de cobertura vexetal entre outras desfeitas. No espigón do norte, parte da varanda de protección quedou dobrada sobre si mesma, e unha parte dela foi para a carón da Atalaia. Na contorna do Museo do Mar, as pedras tamén se espallaron pola súa fronte.

            No colexio de Solanas, a forza do mar derrubou parte da parede perimetral, e ó longo da costa ata a Atea Grande, o lixo foise acumulando na zona máis alta á que chegou a ondaxe.

            Finalmente, entre outros desperfectos, partes do enlousado da beirarrúa que leva a praia Area Grande e tramos de madeira do paseo que discorre logo de pasar este areal, tamén foron arrancados e desprazados do seu asento.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Os Reis Magos recibiron aos cativos da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com