10/06/2013

     

    

Diana Tarín en O Chancarello

 

Diana Tarín, acompañada de Alberto Tarín, presentouse por primeira vez na Guarda en “O Chanquerello”

 

            A cafetería “O Chanquerello”, no Paseo da Robaleira, da Guarda, ofreceu o pasado venres, 7 de xuño, o primeiro concerto que acolle este espazo, e que tivo coma protagonista á cubana Diana Tarín, acompañada á guitarra polo valenciano Alberto Tarín, coincidencia de apelidos, pero sen parentesco.

            Harmonizando voces, xestos e guitarra, e contando coa complicidade da maior parte do público, houbo atmosferas para a ensoñación nunha cálida voz con temas coñecidos que levaron ao auditorio por Cuba, Inglaterra, Brasil e Galicia.

            Diana Tarín, que se presentou en galego, contou cunha colaboración especial nalgún momento: Sergio, copropietario de “O Chanquerello”, atreveuse co micro. Intentouno... seica fai mellor papel como Baltasar no Desfile de Reis da Guarda...

            Alberto Tarín, fixo cantar as cordas, el puxo a segunda voz á protagonista da noite, Diana, pero foi tamén solista, nalgún tema.

            Para volvelos a disfrutar nunha próxima ocasión.

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

PP. Somascos; Día Mundial do Medio Ambiente

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com