06/07/2013

     

    

Campionato Galego de Triatlón

Reportaxe: Alberto Pena Lomba

Texto: Federación Galega de Triatlón

 

Elsa Pena proclamouse campiona galega na categoría de benxamín, en triatlón

A pasada fin de semana celebrouse na localidade de Monforte de  Lemos o Campionato galego de triatlon de categoria de menores , no que participaron varios menbros do clube triatlon Porriño.

Na categoria de benxamins proclamouse campiona galega entrando por diante dos nenos  Elsa Pena ( A Guarda). E na categoria de cadete Iago Sobreira ( Porriño) acadou a undecima posicion .

O Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial e o Tríatlon Ferrol proclamáronse hoxe campións galegos de Tríatlon de categorías menores en Monforte de Lemos. Ademais no campionato, que tivo unha participación de 180 deportistas,  foi homenaxeada á selección galega que se proclamou campioa de España de Tríatlon Escolar Cadete onte.

O Cidade de Lugo Fluvial, que era o dominador absoluto habitualmente nesta proba, atopouse este ano cun rival moi forte no Tríatlon Ferrol, que está facendo un magnífico traballo na base. Desta forma, ambos clubs remataron empatados a puntos no primeiro posto  (142 puntos), mentres que terceiro clasificado foi o Dexter Tríatlon a moita distancia (69 puntos). No campionato das categorías inferiores hai clasificación individual e de clubs, e para esta última súmanse os resultados de todas as categorías. Hai que destacar o altísimo nivel amosado en Monforte, xa que participaron campións ou medallistas de España coma Andrés Cendán e Inés Santiago.

Os campións galegos a nivel individual foron:

- Benxamín feminino: Elsa Pena (Club Atletismo Porriño)

-  Benxamín masculino: Andrés Prieto (A.D. Fogar)

-  Alevín feminino: Andrea Vidal (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial)

-  Alevín masculino: Jorge González (Independente)

– Infantil feminino:  Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol)

-  Infantil masculino: Alberto Tomé (A.D. Fogar)

-  Cadete feminino: Inés Santiago (Tríatlon Ferrol)

- Cadete masculino: Andrés Cendán (Dexter Tríatlon).

As distancias son diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración

da Festa

da Lagosta

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com