31/05/2013

     

    

Campionato Galego de Atletismo

Reportaxe: J. Morais

 

16 Medallas para o Club deportivo S. Xerome no Campionato Galego de Atletismo

 

O Campionato tivo lugar o mércores, 29 de maio, nas Pistas de atletismo Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, coa participación de 14 Clubes galegos. A organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI).

Resultados:

Na categoría de competición:
Borja Cadilla (A Guarda) - 1° en 3000 m. e 2° en 800 m.
Luis Sández (Tui) - 3° en 1500 m.
Fabio Martínez (Goián) - 1° en Lanzamento de peso e 3° en lanzamento de xabalina.
Amparo Ferreira (A Guarda) - 2ª en 3000 m. e 3ª en 1500 m.
Maite Santos (Tomiño) - 2ª en 800 m. e 2ª en 400 m.

Na categoría adaptada:
Fabián González (A Guarda) - 1º en 150 m. e 1º en 400 m.
Carmen Verde (Tomiño) - 1ª en 150 m. , 1ª en 400 m. e 2ª en lanzamento de peso.
Na terceira categoría (Xogo):
Pepe González (Tomiño) - 3º en 150 m.
Rosa Mª Alvarez (O Rosal) - 1ª en 150 m.

Os resultados foron inmellorables, evidenciando o gran traballo técnico realizado polos adestradores ó longo da tempada.

Os técnicos do Club recoméndanlle á organización tres cuestións importantes de cara a mellorar e normalizar o deporte para as persoas con discapacidade:

  1. A celebración dos campionatos na fin de semana, pola máis lóxica das normas de normalización e integración dos participantes.

  2. A ampliación da programación horaria do campionato de atletismo en dúas xornadas (mañá e tarde), para evitar o “stress” competitivo dos atletas.

  3. A programación de novas probas : marcha, lanzamento disco que só será posible cando se amplíe o horario das competicións.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Feira de Artesanía en Oia organizada por Arco Baixo Miño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com