25/11/2013

     

    

Concerto Santa Cecilia da A.M. da Guarda

  

A Agrupación Musical da Guarda honrou a Santa Cecilia cun concerto

 

            A Igrexa parroquial da Guarda foi o escenario do concerto de Santa Cecilia, organizado pola Agrupación Musical da Guarda, celebrado o sábado, 23 de novembro, tendo como presentador ao párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, que salientou o traballo desenvolvido por esta formación, tanto na sección da Escola de Música, coma polo grupo de “maiores”.

            Abriu o concerto a Banda Infantil, baixo a dirección de José Antonio Soutelo Muñoz, e a continuación fíxoo a Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta.

            Antes desta última actuación, as clarinetistas Andrea González Lorenzo, Carla Vizoso Morales e Elena García Núñez, xunto con Miguel Barbosa González, tuba, recibiron a insignia da banda dos maiores, ao incorporarse os mencionados músicos oficialmente ao grupo que dirixe Alonso Treinta.

            A presidenta da Agrupación Musical da Guarda “en nome de toda a banda” entregou o pin de ouro ao expresidente Florindo Lomba González, pola súa contribución e dedicación desde á fundación da banda. A este colectivo de músicos.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Cicloturismo Semana Cultural de Oia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com