13/10/2014

     

    

Trilho Castrejo en Melgaço

   

 

In

 

 

Dentro do ciclo de andainas organizadas polo concello da Guarda, o sábado, 11 de outubro, tivo lugar a andaina a Melgaço para coñecer un espazo natural pouco divulgado pero de gran interese: o Trilho Castrejo, na freguesía de Castro Labreiro (Melgaço) .

A ruta atópase entre as serras da Peneda e a de Laboreiro cuns 17 km por antigos camiños que unen as brandas coas inverneiras atravesando carballeiras, regatos e lameiros dedicados a pasto do gando. Os habitantes de Castro Laboreiro dedicados á gandería teñen dúas casas: unha abrigada dos ventos dominantes e a baixa altitude onde pasan o inverno (son as inverneiras de Barreiro, Bico ou Varziela) e outra onde pasan a maior parte do ano onde sementan centeo e patacas e pastan as vacas da raza Barrosa (brandas de Seara, Eiras e Padrosoura).

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exfigalicia 2014. Inauguración

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com