10/07/2013

     

    

Castelo de Santa Cruz (2)

ver anterior reportaxe

 

José M. Domínguez Freitas manifesta o interese de Goberno local de abrir o Castelo ó público en agosto

 

            O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Patrimonio, Javier Crespo; de Cultura, Antonio Lomba, e de Turismo, Montserrat Magallanes, xunto coa investigadora do CSIC, e especialista en fortalezas transfronteirizas, Rebeca Blanco, visitaron o onte, o Castelo de Santa Cruz, nunha visita espontánea xurdida a raíz da estadia da mencionada investigadora na Guarda.

            Durante o percorrido por este espazo que se convertirá, este mesmo ano, no principal centro de lecer da Guarda, e que sen dúbida merecerá o aplauso dos guardeses, púdose comprobar o estado actual da reconstrucción de murallas, a recuperación das zonas verdes, a consolidación dos carreiros, e a recuperación de elementos como o pozo e o sistemas de cpatación de auga.

            Non será posible este ano contar co desexado Centro de Interpretación das Fortalezas, pois o vandalismo sufrido hai pouco máis dun ano, estragou fiestras, espazos e servizos xa construídos. Segundo o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo, a Xunta de Galicia comprometeuse a que durante 2014 rehabilitaría estes servizos. Mentres, para evitar posibles problemas ou accidentes aos visitantes, o espazo onde se ubica a casa, que acollerá o Centro de Interpretación e os módulos, destinados a baños, expendeduría de bebidas e recepción de visitantes, estarán protexidos, impedindo que os usuarios do Castelo pasen ó interior.

            Segundo adiantou o rexedor local, José Manuel Domínguez Freitas, é desexo do grupo de goberno que o Castelo, que en realidade é unha fortaleza, abra as súas portas o vindeiro mes de agosto.

            Trala visita e percorrido polo interior deste espazo, Rebeca Blanco mostrou aos membros do goberno un fácsimil deunha obra publicada en Porto (Portugal), en 1757, da autoría de Gonçalo Luis da Silva Brandão, na que se detallan as fortificacións do norte de Portugal e sur de Galicia, un documento que resultou do máximo interese para o concelleiro Javier Crespo pola súa doble condición de profesor de Xeografía e Historia e edil de Patrimonio.

            Recordamos que o Castelo é propiedade municipal, pola cesión ao concello deste espazo polos propietarios, entre eles a familia López de Aguiar, a cambio de mellorar a posibilidade edificatoria do exterior, onde se levantan “as torres” do Castelo de Santa Cruz.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

ver anterior reportaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Castelo de

Santa

Cruz (1)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com