18/02/2013

     

    

Desfile de Entroido na Guarda

 

A Guarda puido celebrar o Desfile-Concurso de entroido ao trasladalo ao sábado

 

            Unhas 3.000 persoas situáronse a ámbolos dous lados da estrada Puerto Rico-Rúa Galicia-Pontevedra, para ver pasar o Desfile-Concurso de Entroido que, por mor das inclemencias do tempo do pasado martes, 12 de febreiro, se trasladou ao sábado, día 16.

            Pouco despois da hora prevista, inicialmente para as 17.30 horas, saíu a comitiva desde a Praza de San Bernardo, abrindo o desfile o grupo “Os Zanfonos” que, xunto coa treboada “O Trebón dos Xidos”, puxeron a nota musical a este acontecemento.

            Colorido, creatividade e moito humor, presidieron un desfile con motivos e escenas que reclamaron a atención do público.

            Na alameda entregáronse os premios segundo as distintas categorías establecidas e animou o recinto de festas a orquestra Acerema.

  

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

6º Gala

do Deporte

Guardés

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com