04/04/2016

     

 

 

Camiño Portugués da Costa, 3ª etapa

  

 

Máis dun cento de peregrinos de Caminha e A Guarda, dentro das iniciativas que ámbalas dúas institucións locais levan a cabo para promover o Esteiro do Miño como Paisaxe Cultural da Unesco, realizan o Camiño Portugués da Costa por etapas, acompañados polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo.

Trala paréntese da Semana Santa, os camiñantes retomaron o sábado, 2 de abril, os sendeiros e as frechas, neste caso desde a igrexa románica de Castrelos, en Vigo, continuando pola senda do Lagares, e cruzando a cidade olívica por Sárdoma, Chapela, percorrendo a Senda da Auga para rematar en Redondela, logo de cubrir unha distancia aproximada de 21 km.

Os participantes nesta andaina tiveron o xantar nas instalaciónn da Asociación de Veciños de Ceira, Redondela, e foron acompañados en parte do percorrido por Luis do Freixo e a súa dona, Cristina Lorenzo, da Asociación de Veciños do Freixo, sempre dispostos a colaborar con todo aquelo relacionado co Camiño Portugués pola Costa

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Xoves Santo, procesión na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com