14/06/2013

     

    

Exposición de Suso Camaselle

 

"Entreter a soidade" ou o hiperrealismo de Suso Cameselle

 

                  Ata o 30 de xuño pódese visitar no Centro Cultural da Guarda a exposición hiperrealista do pintor Suso Cameselle, que leva por título “Entreter a Soidade”, e que foi inaugurada o pasado xoves coa presencia do pintor e do concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, estando presentes tamén disntintos artistas da localidade, coma os pintores Gemma Marques, Charo Trigo, Ignacio Martínez e Águeda Suárez; o escultor, Daniel Alonso e o cantautor, Tino Baz.

                  Suso Cameselle, vigués de nacemento, pero residindo e con ‘sentimento” redondelán, comezou debuxando moito ata incorporarse ao subrealismo “seguindo”, di, “a estela de Dalí·, estilo que afirma que lle gusta e lle atrae moito, pero “cando me roubaron unha exposición, toda enteira, quedeime sen ningún cadro, decidín romper co subrealismo porque naquel momento pensei que me trouxera mala sorte, e cambiei o estilo completamente”. E pasou á experimentación, con manchas, tirando botes de pintura e a reconvertir as manchas nun subrealismo, pero máis persoal. Outra etapa dedicouna á música “pintada”, na que traballou o puntillismo, “un puntillismo moi subrealista, con plumiña, óleo, todo moi mesturado”. A súa andaina levouno, a outra etapa de temática galega: bruxas, ambientes tétricos, pinturas moi escuras, negras, con moitas referencias á mitoloxía galega: mouchos, trasnos: “lembro que dixeran de min que estaba mal, que estaba enfermo". A etapa seguinte foi outra andaina experimental, trabando madeiras, superpoñéndoas, para camiñar por un “realismo máxico”. E antes desta mostra que presenta no Centro Cultural da Guarda, fixo incursións no Camiño de Santiago “recreando anacos do Camiño; os pequenos detalles que pasan desapercibidos: un anaco dunha fonte; un anaco dunha pedra; unha esquina dunha catedral; unha campá”, mostra coa que percorreu distintas vilas: Noia, Porto do Son, Tui, Porriño e Redondela, por citar algunhas cidades.

                  O hiperrealismo di que non lle gusta demasiado, e a mostra que presenta na Guarda é unha concesión aos seus alumnos “para que coñecesen estoutra forma de traballar” e para “colaborar” máis coa súa formación, de modo que procurando o didactismo da obra, algún cadro quedou sen rematar “para que se vexa un pouquiño o proceso de debuxo; cal foi a base primeira”, porque, sigue a explicar, “todos os cadros foron pintados primeiro en branco e negro e posteriormente coloreados”.

                  Suso Cameselle, atendeu as preguntos realizadas por algúns dos presentes, dando unha lección maxistral sobre a técnica empregada nos seus cadros. Materia prima, pinceis, lenzos e trazos, entre outros contidos explicados magnificamente, estiveron entre as verbas do pintor-profesor que expón estes días Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Anne Chantal, vietnamita no Camiño Portugués da Costa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com