09/05/2016

     

 

 

 

Camiño Portugués da Costa, 6ª etapa

  

Peregrinos de Caminha e A Guarda cubriron a 6ª estapa entre Caldas de Reis e a Escravitude (Padrón)

 

 

O sábado, 7 de maio, tivo lugar a sexta etapa do camiño a Santiago por etapas, que organizan conxuntamente a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.  A actividade iniciouse no pasado mes de marzo e conta coa participación de máis de 100 veciños dos dous municipios.

Nesta sexta etapa, cuxos participantes trasladaranse en autobús desde A Sangriña, ás 08.30 horas, a saída foi dende Caldas de Reis e, tras percorrer uns 10 quilómetros, fixeron unha parada para xantar no lugar de O Pino, a carón do albergue, para continuar ata Padrón, onde remataron a etapa nas proximidades da Escravitude.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Camiño da costa: Pontevedra-Caldas de Reis

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com