12/04/14

     

    

Presentación da Semana Santa de Braga na Guarda

      

O Centro Cultural da Guarda acolleu a presentación da Semana Santa de Braga e ofrece unha exposición de pintura ata o día 24

 

            O Centro Cultural da Guarda foi o escenario, o xoves, 110 de abril, da presentación na Guarda, da Semana Santa de Braga, que conta entre as súas procesións coa da Burrinha, todo un acontecemento relixioso, cultural e turístico que é referencia en Portugal das manifestacións da semana de Paixón. O acto completouse coa inauguración da exposición de pintura de Adriana Henriques, que foi o colofón deste encuentro entre Braga e A Guarda, que estreitan lazos de amizade.

            Precedeu ás intervencións unhas breves palabras de José Mª Salcidos, nomeado por algúns dos intervintes no acto como “embaixador” da Guarda en Braga e de Braga na Guarda, quen presentou aos membros da delegación bracarense presentes na sala. E abriu a quenda de intervencións o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, que agradeceu a presenza e a presentación, da Semana Santa de Braga na Garda, que se iniciou coa proxección dun vídeo divulgador da procesión de Nossa Senhora “da burrinha”, convidando o rexedor guardés a acudir a Braga para coñecer esta celebración e visitar unha cidade que ten similitudes coa Guarda, como o contar cun castro que é referencia en PortugalO o de Briteiros.

            Jesús García Villadóniga, párroco da Guarda, destacou a procesión da Burrinha, unha posta en escena do antigo Testamento e da historia de Israel, deixando unha mensaxe de fe, de encontro con Cristo e que é tamén de interese para crentes e non crentes.

            A vereadora de Cultura Lidia Dias, destacou que a súa presenza ten por obxecto manifestar o apoio da Cámara Municipal de Braga á súa Semana Santa, e colaborar na súa divulgación. Cualificou este acontecemento relixioso de singular e subliñou a importancia do traballo que a Xunta de Freguesía de S. Vitor realiza para escenificar unha procesión que ten xa proxección internacional.

            Pechou o acto o presidente da Xunta de Freguesía de S. Vitor, Ricardo Silva, que cualificou de día feliz estar na Guarda para presentar a Semana Santa de Braga, cualificando a procesión “da Burrinha” como unha marca da Semana Santa de Braga cunha especial referencia á sinxeleza de que unha “burrinha” desprazase a pomposidad que poñen os cabalos engalanados en calquera acto.

            Tras esta presentación, inaugurouse a exposición “María so María”, que foi presentada e explicada pola súa autora, Adriana Henriques que recibiu aos presentes escenificando unha texedora que elabora pequenos traballos artesanais que forman parte da exposición. A artista foi descubrindo aos presentes a mensaxe que cada unha das súas obras pretende transmitir, e nesta intervención participou o tamén artista, José Carlos G. Peixoto que leu un dos poemas incluídos na exposición “María so María”, que se pode visitar até o 24 de abril.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Andaina do concello da Guarda por Melón

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com