13 /08/ 2017

     

 

 

 

Xura da Banda Negra 

  por Victoriano da Ghoreña

 

Xura Da Banda Negra

Domingo do Monte de 2017. As 21 bandas de tambores, bombos e gaitas, cunha media superior os cen compoñentes por cada unha, subiron a pé ó cumio do Trega tocando, xantaron e despois as XURAS, A TROULADA, A BAIXADA, A MERENDA/CEA no Cancelón, máis TROULA, e a DESFEITA hasta ben pasada a media noite. 

A XURA , é un ritual de "xuramento" ante os Druidas Celtas do lugar (nosos antepasados), consistente en beber un trago de viño (os pequenos se lle unta a cara) mentras todos compoñentes tocan un estruendoso redoble, pedíndolle aos Druidas do lugar permiso para utilizar o lugar sagrado e saude e benestar para volver ao ano seguinte e en recordo dos que xa non van.É un ritual de honra os nosos antergos. NOTA: Cando xuran os menores, no seu garrafón e de Coca -Cola, ou solo lle untan os beizos e manchan a roupa.

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Carreira Pedestre Virxe da Guía

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com