14/07/2014

     

    

Festival de Baile Moderno de Xamaraina

  

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

 

Éxito da Festival de Baile Moderno de Xamaraina

 

 

Éxito da Festival de Baile Moderno de Xamaraina

            Un ano máis Xamaraina levou ao Auditorio de San Bieito o seu espectáculo de Baile Moderno con coreografías e vestiarios que arrancaron repetidos aplausos do público que ocupaba a totalidade das bancadas do Auditorio tendo que seguir moitos espectadores o festival de pé.

            Nesta edición Elena Baz, directora de Xamaraina, explicou que se homenaxeaba ás divas da canción, e alí “estiveron”, entre outras e por citar só dous exemplos, Mónica Naranjo e Madonna.

            Como cabía esperar, Xamaraina non defraudou ao público que ata o final non só non se levantou dos asentos, senón que foi aumentando a presenza de espectadores que, como diciamos, superou a capacidade do Auditorio.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración da Aula Museo Antonio Fernández

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com