17/09/12

     

    

Banda Infantil da

Agrupación Musical da Guarda

  

A Banda Infantil da A.M.da G. aplaudida nun concerto no que o público pediu “outra máis”

 

            O patio cuberto do colexio dos PP. Somascos acolleu o sábado, 15 de marzo, o concerto da Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda, reforzada por músicos da A.M.da G., dirixida por José Antonio Soutelo.Muñoz, nunha xornada na que outros acontecementos que se desenvolvían na localidade, e mesmo as altas temperaturas dun remate de verán, restaron sen dúbida asistencia de público. Aínda así unhas cento cincuenta persoas acudiron ao concerto presentado polo concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, quen valorou o traballo que desenvolve a Agrupación Musical da Guarda e destacando que esta xove banda de música permitirá, nun futuro inmediato, incementar o número de músicos da Agrupación Musical da Guarda, incluso da súa xa alta caulidade musical.

            Supón tamén un estímulo para os futuros músicos estes concertos e o aplauso que conlevan por parte do público asistente aos concertos. E a terceira ocasión na que a Banda Infantil se presenta ao seu público e, sen dúbida, virán outras moitas para crear eses lazos de complicidade entre os rapaces e os asistentes aos concerto organizados pola Agrupación Musical da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Andaina pola Ruta

das Almiñas de Pontecaldelas

 

Outras reportaxes

 

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com