10 /12/ 2017

     

 

 

 

Belén de Generoso Cadilla 

   

     Xa se pode visitar na Rúa do Porto, na Guarda, o Belén de Generoso Cadilla quen, desde hai máis de dez anos, monta o seu particular nacemento, contando agora coa axuda dos netos Brais e Aitor.

 

            Máis de 100 metros de cables, e reutilizando motores e ventiladores dun vello PC e doutros aparellos en desuso, logran crear movemento como unha fervenza, unha nevarada, un río que discurre, un estanque con peixes vivos, a roda dun muíño que xira e un lume que arde na lareira, entre outros elementos peculiares dun Belén dotado de “vida” e no que Generoso Cadilla empregou tempo para construir as casas, unha cova e distribuír as máis de cen figuras, sen cotar os animais, que se reparten polo xa clásico Belén de Generoso.

      Hai que indicar que no río que ten o Belén os visitantes adoitan deixar moedas coas que esta familia compra alimentos destinados a SOS Tomiño-Baixo Miño.

 

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Troulada Banda Roxa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com